Alltech® lanza Planet Of Plenty™, a iniciativa para reducir a pegada de carbono nas explotacións agropecuarias

Alltech® lanza Planet Of Plenty™, a iniciativa para reducir a pegada de carbono nas explotacións agropecuarias

Alltech creou Planet of Plenty™: unha ferramenta que axuda a reducir a pegada de carbono das explotacións conseguindo incrementar a sostibilidade ambiental e económica dos seus negocios.

Minimizar o impacto ambiental que xeran as actividades agrícolas e gandeiras non só é necesario e beneficioso para o medio ambiente, senón tamén para a rendibilidade e coidado dos procesos, dos animais e das plantas. Cando os profesionais do sector reducen a pegada de carbono, reducen o uso de fertilizantes e outros produtos innecesarios, aforrando custos en materiais.

Planet of Plenty™ axudará aos agricultores e gandeiros a saber cal é a pegada de carbono que xeran as súas explotacións para desta forma poder actuar sobre ela. Para conseguilo aplica unha metodoloxía baseada en catro pasos:

  • Mide a pegada de carbono existente nas explotacións.
  • Asesora sobre aquelas prácticas que se poden aplicar para a súa redución.
  • Recomenda as solucións técnicas máis adecuadas a cada proxecto.
  • Emite os documentos necesarios para a certificación da sostibilidade conforme á normativa internacional.

Ademais, grazas a esta ferramenta creada por Alltech, os agricultores e gandeiros conseguirán aforrar enexía debido a que se mellora a eficiencia das instalacións, conseguindo facturas máis baixas, e poderán acceder aos ecoesquemas da PAC. En definitiva, é un proceso que non só axuda a potenciar a produtividade, senón que coida de todos os seres do planeta e contribúe a loitar contra o cambio climático.