Allflex e Uniform-Agri ofrecen un seminario online sobre sistemas de monitorización

Allflex Livestock Intelligence e Uniform-Agri celebrarán un webinario conxunto gratuíto o próximo 28 de maio ás 12:00 horas. Nel poderase coñecer como funciona e que achegan os sistemas de monitorización de Allflex Livestock Intelligence ás ganderías de vacún, tanto leiteiro como de aptitude cárnica; e presentarase Uniform-Repro, programa de xestión para explotacións de vacún leiteiro pensado para gandeiros e consultores.

A sesión terá unha duración aproximada de 90 minutos e contará con portavoces de ambas as empresas expertos na área da monitorización: Almudena Molinero (veterinaria e responsable de vendas e mercadotecnia de Uniform-Agri en España e Portugal), Paco López Belmonte (director de AZASA) e Juan José Nuñez e Alberto Fernández (veterinarios representantes de Allflex Livestock Intelligence España).

A folla de rexistro para acceder ao seminario está dispoñible nesta ligazón.