A cooperativa agrogandeira Aira celebrou onte, martes 16 de xullo, a súa Asemblea Xeral Ordinaria en Taboada (Lugo). Durante o desenvolvemento do encontro, presentáronse as contas do exercicio anterior e realizouse un balance dos datos obtidos.
Neste ano 2023, ao igual que nos anos previos, Aira seguiu medrando ata acadar un volume de negocio de 203,6 millóns de euros, cifra que duplica dito volume desde a fusión de 2018. En conxunto, todas as empresas do grupo obtiveron unha facturación de 241,7 millóns de euros.
Aira acadou un Ebitda de 7,6 millóns de euros, dato que permite afrontar os 38,6 millóns de euros destinados a investimentos nas diferentes áreas de actividade: transformación/comercialización, subministración e servizos. Dos 4,9 millóns de euros de beneficio neto, 2,8 repartiránse, incrementando o capital dos socios e socias.
Daniel Ferreiro, director xeral da cooperativa e encargado de presentar os resultados ante os socios e socias, resaltou que o máis importante é o valor que a cooperativa achega aos socios e ao entorno rural onde desenvolve a actividade. Así mesmo, tamén subliñou a gran problemática dos últimos tempos para conseguir man de obra no rural: "Tanto para as ganderías como para a cooperativa está a ser unha dificultade importante".