Agroseguro presenta o Plan 2023 de seguros pecuarios

O Plan 2023 de seguros pecuarios, que inclúe 12 liñas gandeiras e 3 acuícolas, entrou onte en vigor. Por iso, Agroseguro presenta estes días en diferentes encontros as novidades máis relevantes das diferentes liñas de seguro. 

O Plan 2022, cuxo período de contratación rematou o 31 de maio, con máis de 417 millóns de animais asegurados, a cifra máis alta da historia do sistema español de seguros agrarios. Entre as principais liñas, a contratación do seguro de vacún de reprodución e produción no Plan 2022 pechou con máis de 1,6 millóns de vacas aseguradas. Incorporou melloras na garantía de perda de calidade do leite, aumentando a indemnización por incremento de células somáticas no tanque e permitindo renovar o seguro a explotacións con calquera media xeométrica, ademais de ter facilitado a máis gandeiros o acceso á garantía de crías.

O do ano pasado tamén incorporou importantes novidades no seguro de vacún de cebo, permitindo os produtores escoller entre tres sistemas de manexo diferentes e novas agrupacións de razas, para unha mellor adaptación do seguro á realidade do sector, ademais de reducir a 5 semanas a idade mínima indemnizable. Estas melloras permitirán seguir consolidando a liña de seguro no futuro, facilitando así mesmo o seu acceso a aquelas explotacións gandeiras con pouca siniestralidade.