Agroseguro lanza a súa nova aplicación móbil, Agroseguro Clientes

Agroseguro lanza a súa nova aplicación móbil, Agroseguro Clientes

Agroseguro presenta a aplicación Agroseguro Clientes, dirixida aos gandeiros e agricultores, a través da cal poderán acceder de maneira directa e sinxela a toda a informacion sobre as súas pólizas e sinistros. Trátase dunha versión app, para dispositivos móbiles, da Área Clientes, que actualmente está na páxina web da empresa e á que acceden de maneira habitual máis do 30 % dos agricultores e gandeiros asegurados. Agora, a consulta e descarga da información sobre o seu seguro agrario poderanna realizar tamén desde os seus teléfonos móbiles con maior comodidade, en calquera momento e lugar.

Agroseguro Clientes xa está dispoñible para ser descargada gratuítamente nas principais plataformas, tanto en versión Android como iOS. Como ventaxa, ofrece a todos os asegurados a posibilidade de consultar e descargar toda a información sobre as pólizas en vigor e as que corresponden a anteriores campañas, a súa información fiscal, os sinistros comunicados e indemnizacións abonadas. 

A chegada deste novo proxecto enmárcase no continuo proceso de innovación e dixitalización da compañía, encamiñada a potenciar a calidade de servizo que ofrece aos seus preto de 400.000 asegurados no sistema español de Seguros Agrarios Combinados.