Agroseguro asina un novo convenio de colaboración coa Xunta de Galicia

O presidente da Agrupación Española de Entidades Aseguradoras dos Seguros Agrarios Combinados SA (Agroseguro), Ignacio Machetti Bermejo, e o conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia, José González Vázquez, asinaron un novo convenio de colaboración para o fomento dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia. Este acordo substitúe ao convenio subscrito por ambos os organismos en 2013 e ten unha vixencia de catro anos.

En 2018, Galicia alcanzou un volume de capital asegurado de case 719 millóns de euros coa contratación de preto de 50.000 pólizas de seguro. Destaca, sobre todo, a contratación de seguros pecuarios, que supoñen o 97 % do total.

Máis información