Agroseguro estrea nova páxina web

Agroseguro estrea nova páxina web

Agroseguro acaba de lanzar a súa nova web, cun novo deseño adaptado a todos os dispositivos, así como unha importante optimización dos seus contidos.

Entre as principais novidades da páxina, destaca a aposta por reforzar a información sobre as 45 liñas de seguro que compoñen o sistema español de Seguros Agrarios Combinados, que contan con páxinas independentes que ofrecen aos asegurados toda a documentación necesaria sobre módulos e coberturas, datas de subscrición e subvencións. Ademais, potenciouse o apartado dedicado ás diferentes xestións que se realizan no proceso de contratación dos seguros ou unha vez que xa se conta con póliza, cun acceso notablemente máis sinxelo e directo.