Agroamb impulsa unha planta de xeración de biometano en Castro de Rei

Os CEO de Agroamb, Severiano Ónega; Enagás Renovable, Antón Martínez e de Genia Bioenergy, Gabriel Butler recibiron nas instalacións de Agroamb ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen explicou o proxecto da nova planta de xeración de biometano en Castro de Rei. Rueda visitou os terrenos nos que se desplegarán as instalacións, acompañado dos CEO y do vicepresidente da Xunta e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde.

A Xunta de Galicia apoia o proxecto pola súa contribución á economía circular e á descarbonización, así como á maior independencia enerxética nacional e europea. A iniciativa, que impulsa Agroamb xunto con Enagás Renovable e Genia Bioenergy, permitirá a conversión de 155.000 toneladas de residuos orgánicos cada ano en aproximadamente 107 GWh de enerxía, o que equivale ao 11% do consumo dos fogares da provincia de Lugo.

A maiores, a nova planta de produción de biometano permitirá deixar de emitir 200.000 toneladas anuais de dióxido de carbono, contribuíndo a impulsar a redución de emisións de carbono, seguindo un modelo de economía circular ao converter residuos en recursos. Ademais, o biogás obtense mediante un proceso de dixestión dos residuos orgánicos, a dixestión anaerobia; o resultado final de dito proceso consiste en que fogares, industrias e vehículos consuman enerxía de fontes renovables.