Afigal e Caixa Rural Galega renovan o seu convenio de colaboración

Co obxectivo de facilitar o financiamento empresarial, Caixa Rural Galega e a Sociedade de Garantía Recíproca para as provincias da Coruña e Lugo (Afigal) renovaron e melloraron as condicións da liña de financiamento que teñen dispoñible para os máis de 11.200 socios de Afigal.

Trátase dunha liña de financiamento para os socios da SGR que ambas as entidades teñen vixente desde 2002 a través da cal as pemes e os autónomos avalados por Afigal poden formalizar operacións de financiamento de capital circulante; préstamos, investimentos e reestruturacións de pasivos; e préstamos para adquisición ou reforma de inmobles. Ademais, grazas ao acordo firmado hoxe o tipo de interese das operacións acollidas ao convenio queda establecido nun diferencial do 1,75 % respecto ao Euribor de referencia.