Granja Circular axuda a demostrar a sustentabilidade do sector gandeiro en xeral e das granxas en particular medindo e avaliando as medidas de sustentabilidade e boas prácticas implementadas nunha granxa. Trátase dun marco de referencia desenvolvido por Nanta que conta coa verificación de Aenor, entidade líder en certificación de sistemas de xestión, produtos e servizos. Desta forma, a través de Granja Circular Nanta ofrece as claves da gandaría do futuro.
CATEGORIZACIÓN DAS GRANXAS EN FUNCIÓN DA SÚA SUSTENTABILIDADE
Nanta clasifica as granxas en 3 categorías en función dos seus resultados de sustentabilidade (A, B e C). As granxas merecedoras dunha cualificación A recompilan todos os aspectos de sustentabilidade contemplados no modelo e son as que obteñen o Certificado de Conformidade de Aenor. Esta cualificación permitirá o uso durante tres anos da certificación de Granja Circular verificado por Aenor. Actualmente, doce granxas xa obtiveron esta certificación.
En definitiva, trátase de valorar de forma obxectiva ás granxas en relación ás súas características de sustentabilidade, entendendo esto desde o punto de vista non só ambiental, senón tamén social e económico, ademais de benestar animal, obtendo un certificado que asegura esta avaliación e permitindo aos gandeiros anticiparse a marcos regulativos máis estritos, dar resposta ao requirimento dos novos consumidores, mellorar a súa rendibilidade e eficiencia e diferenciar os seus produtos. A isto que axudará, sen dúbida, contar co respaldo e validación de Aenor.