Lely, un dos líderes mundiais en robots para a industria de muxido, e UNIFORM-Agri, un dos provedores líderes de softwares de xestión de vacún de leite, acaban de anunciar unha nova colaboración para o intercambio de datos a tempo real entre T4C (Time for Cows) e o software de xestión de UNIFORM-Agri.
A conexión a tempo real entre ambos os programas axudará a reducir as barreiras a nivel administrativo, pois os usuarios terán que introducir os datos desde un único sistema. Paralelamente ao intercambio de datos animais, a nova ligazón proporciona ademais un enfoque moito máis rápido e visual a datos como a alimentación, leite, RCS, condutividade, actividade, graxa e proteína individuais.
Máis información na nota de prensa