ABS Progenex, filial de ABS Global, e Piensos Darío Fernández Vales (Abegondo, A Coruña) chegaron a un acordo para a comercialización e o asesoramento conxunto de plans xenéticos integrais en ganderías leiteiras e cárnicas da zona de influencia de Piensos Darío Fernández Vales. Esta asociación nace da sinerxía natural entre as dúas compañías, enfocadas ambas as dúas en mellorar a eficiencia, rendibilidade e sustentabilidade das explotacións gandeiras.
ABS Global é o provedor líder mundial de xenética bovina, servizos de reprodución, tecnoloxías de inseminación artificial e produtos para o coidado dos ubres. Con esta asociación, ABS Progenex continúa o seu camiño de alianzas con importantes empresas do sector gandeiro e agroalimentario, que axudarán aos clientes na toma de decisións de negocio presentes e futuras.
Piensos Darío Fernández Vales iniciou a súa andaina hai máis de 20 anos como unha empresa especializada na alimentación do gando. Actualmente conta cun equipo de profesionais con ampla experiencia en todos os campos agrarios. Con este acordo, a compañía ve ampliado o portfolio de servizos e produtos, ofrecendo máis solucións que permitan aos seus clientes seguir aumentando a eficiencia e a rendibilidade das súas explotacións.