ABS Progenex recibiu a visita dunha delegación de ABS Ucraína

ABS Progenex recibiu a visita dunha delegación de ABS Ucraína

A mediados de outubro, ABS Progenex recibiu a visita dunha delegación de ABS Ucraína, nunhas xornadas que contaron coa participación de Martín Prieto, especialista en Servizos Técnicos e Xenéticos de ABS para Europa e baseado en Galicia; Maksim Toman, director xeral de ABS Ucraína; Pablo Reboiro, xefe nacional de vendas, e Ricardo Pérez en representación do equipo de ABS Progenex. Estiveron acompañados por un grupo de 24 gandeiros de distintos puntos de Ucraína.

A visita centrouse no manexo e alimentación durante as distintas fases do crecemento dos animais, desde idades temperás até chegar ás vacas en lactación, con especial fincapé no cow confort.

Durante a súa estancia realizaron visitas a varias explotacións da Coruña e Lugo, incluída a Gandería SAR SL (A Coruña), onde tiveron a oportunidade de intercambiar experiencias e coñecementos. Andriy Papchenko, especialista en reprodución, quedou gratamente sorprendido polo "cómodas, limpas e similares que son as camas dos cubículos das granxas visitadas".