ABS ofrece un seminario sobre a xestión do equilibrio do rabaño

Marco Laurenti, director de Servizos Técnicos ABS Italia, presentará un seminario sobre a xestión do equilibrio do rabaño, centrándose en como converter un dos maiores custos empresariais no mellor investimento. A sesión levarase a cabo o martes 27 de setembro ás 20:45 horas.

Na charla explicará cales son as claves para conseguir un equilibrio correcto entre o número de vacas e xovencas, así como a forma na que a cantidade de xovencas do rabaño pode influír na eficiencia e rendibilidade da explotación. Tamén analizará cales son os custos que soportan as granxas e como xestionalos de maneira eficaz.

Sergio Ibáñez, de Márketing de ABS Progenex para España, presenta esta sesión que se retransmitirá en directo a través de desta ligazón