ABS España e Coren acordan unha colaboración para a mellora da cadea de produción de carne

ABS Global, empresa de xenética de vacún con programas específicos para o uso de xenética probada en cruzamento industrial (Nora Genetics), e a cooperativa agroalimentaria Coren, dedicada á produción de vacún, avicultura e porcino, uníronse para levar a cabo unha serie de actuacións conxuntas.

Dita unión ten como obxectivo central promover e incentivar a produción de xatos de cruzamento industrial con alto valor xenético, coa intención de que isto permita a obtención de carne de vacún dunha maneira máis eficiente e sustentable, así como garantir a súa trazabilidade a través do Programa de Verificación BeefInFocusTM de ABS España.