ABS adquire a división de xenética e coidado de ubres de Progenex en España

O novo negocio coñecerase como ‘ABS Progenex’, todos os empregados serán transferidos a ABS e permanecerán na sede actual de Madrid.

O provedor líder mundial de xenética bovina ABS acaba de comprar a división de xenética e coidado de ubres de Progenex en España. O xerente de operacións de Progenex, Salvador Rodríguez Martínez, asegura que "o equipo está satisfeito con esta adquisición. Proporcionará moitos beneficios para os nosos distribuidores e clientes. ABS está á vangarda das novas tecnoloxías na nosa industria e continúan desenvolvendo solucións pioneiras, como Sexcel™ e DeNovo, co obxectivo de cumprir cos requisitos cambiantes dos nosos clientes. Nós somos apaixonados do noso negocio e estamos comprometidos a axudar e servir aos nosos clientes, polo que desexamos seguir xuntos no futuro". 

Pola súa banda, o director rexional de ABS, Andrew Thompson, tamén mostrou a súa satisfacción tras a compra: "Estou encantado de levar a nosa asociación con Progenex ao seguinte nivel. Esta adquisición fará posible que lles deamos acceso aos nosos clientes a unha gama aínda maior de xenética e innovacións que nos permitirán axudar a acelerar o seu progreso xenético", asegurou Thompson.  

Esta unión lévase a cabo tras máis de 50 anos de traballo nos que Progenex destacou como un exitoso distribuidor dos produtos de ABS.