Ata o 15 de xuño está aberto o pazo para presentar candidaturas ao premio Zoetis Ganadería en Femenino 2023, galardón impulsado por Zoetis España, co apoio da Asociación de Mulleres de Cooperativas Agro-alimentarias de España (AMCAE), para a visibilización da muller na gandería e no ámbito rural.
Este premio outórgase de forma anual a aquelas mulleres que destacan pola innovación e achegas dos seus proxectos e actividade á comunidade na que se desenvolven e ao sector gandeiro en xeral. Xa sexa porque responden a unha necesidade concreta ou a un desafío do sector, porque destaquen pola súa creatividade e orixinalidade, ou ben pola súa eficiencia e rendibilidade.
Para optar ao premio nesta cuarta edición tan só é necesario cumprimentar un formulario en liña explicando o proxecto e/ou iniciativa pola que se presenta candidatura. Pode participar calquera muller relacionada co sector gandeiro en xeral ou especializada en rumiantes, porcino, avicultura, acuicultura ou outros, que queira contribuír a potenciar a visibilidade profesional e social das mulleres no mundo rural e gandeiro. Dende gandeiras e veterinarias, ata empresarias, investigadoras, formadoras, comunicadoras, etc., que contribúan co seu esforzo e traballo á mellora e recoñecemento social do sector.