Aberto o prazo de inscrición para o Máster Fatro-UCV Reprodución Bovina

O Máster Fatro-UCV Reprodución Bovina, que leva a cabo Fatro Ibérica, certifica a Universidade Católica de Valencia (UCV) e dirixe o científico Giovanni Gnemmi, está enfocado a veterinarios con experiencia contrastada, que busquen profundar nos aspectos relacionados coa reprodución do vacún leiteiro.

Ten unha duración de dous anos e conta coa participación de máis de 40 profesores internacionais, expertos nos 16 temas que se tratarán. A inscrición xa está aberta e a oferta dispón de prazas limitadas a 30 persoas. A formación dará comezo o 1 de febreiro de 2023.

O próximo 29 de novembro ás 19:00 horas haberá un webinar no que Giovanni Gnemmi e José Pedreira, director de Produto de Fatro, explicarán as bases deste Máster.