Aberta a inscrición para participar no webinar que ofrece mañá Lely

Lely France organiza mañá, 17 de decembro, ás 12.30 horas, un webinar cuxo tema central será a xestión da explotación Fuentes del Tajo, de Montearagón (Toledo), a cal conta con máis de 500 vacas en lactación e na que desde hai seis meses moxen con dous robots Astronaut A5, aos cales se sumarán outros oito en 2021.

Durante o transcurso da videoconferencia daráselles voz ao gandeiro e ao veterinario que xestionan a gandería, os cales contarán como conseguiron pasar de tres muxidos en sala rotativa cunha media de 40-41 litros/vaca/día a unha media de 44-45 litros/vaca/día cos robots Lely Astronaut A5. Tamén adiantarán como van diminuír a carga de traballo e a man de obra. Así mesmo, os asistentes poderán expor preguntas en directo tanto ao gandeiro como ao veterinario.

Ligazón para rexistrarse: https://app.livestorm.co/lely-france/webinario-dairy-xl