1400 profesionais asisten os seminarios online de Especialistas en Novillas

Zoetis ofreceu durante meses de abril e maio unha serie de formacións online con recoñecidos expertos do sector do vacún de leite a través de Especialistas en Novillas, o blog que a compañía mantén activo para veterinarios e gandeiros, co obxectivo de achegar coñecementos sobre a importancia dun bo manexo sanitario das novillas para o desenvolvemento de todo o seu potencial produtivo. Un total de 1400 profesionais non quixeron perderse estes seminarios.     

O primeiro deles, impartido por Álex Bach, director da Unidade de Rumiantes do IRTA, abordou o impacto da Síndrome Respiratoria Bovina nas xatas e o impacto na súa produtividade futura, tamén explicou como previlo a través dun correcto manexo e da nutrición. A tecnoloxía xenómica, como ferramenta adicional para produtores leiteiros, veterinarios e consultores que buscan mellorar a saúde, produtividade e rendibilidade das súas explotacións, foi outra temáticas abordadas.

Pola súa banda, Fernando Soberón, xerente da rexión noroeste en Standard Dairy Consultants, explicou o que custa manter o tamaño da gandería, o segundo custo máis alto na produción de leite despois da alimentación, e recalcou os beneficios de coñecer e diminuír a taxa de reposición.

Os dispositivos de monitorización en vacún leiteiro, o seu custo e a súa utilidade foron tratados por Sergio Calsamiglia, catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona.

Na súa intervención, Alfonso Monge, de Monge Veterinarios S.L.P, analizou os aspectos crave no manexo reprodutivo das xovencas de reposición, o colectivo máis fértil en gandería, o de mellor xenética, segundo apuntou Monge.