ATA O 15 DE XUÑO

Últimos días para solicitar as axudas da PAC

Os agricultores e gandeiros españois dispoñen ata o próximo 15 de xuño para presentar a solicitude única de axudas da Política Agraria Común (PAC) e, no seu caso, a solicitude de acceso á reserva nacional de dereitos de pago básico da campaña 2020.

Debido á crise sanitaria ocasionada pola covid-19, o prazo para a presentación destas solicitudes, que finalizaba o 30 de abril, foi prorrogado ata o 15 de xuño para facilitarlles a agricultores e gandeiros a súa presentación e evitar posibles problemas na percepción das axudas.

Tamén se prorrogou ata o 30 de xuño a data límite para a presentación das modificacións á solicitude única, a presentación de renuncias ao réxime de pequenos agricultores, as comunicacións de cesións de dereitos de pago básico e a presentación das solicitudes de modificación do SIGPAC que deban ser tidas en conta na actual campaña, sen prexuízo de que as comunidades autónomas poidan decidir modificar o prazo deste último trámite.

Ademais das datas anteriores, nesta ligazón pódense consultar outras datas e prazos aplicables á xestión das axudas da PAC na campaña 2020.