Este artigo, publicado en Vaca Pinta 59, recolle os principais resultados dun estudo realizado en condicións reais de campo nunha explotación de Lugo, centrado en como a calor e o momento da lactación inflúen no perfil de ácidos graxos do leite. Trátase dun traballo elaborado polos membros da Facultade de Veterinaria de Lugo e do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) Elena Niceas Martínez Díez, Rodrigo Muiño Otero, Cristina Castillo Rodríguez, José Luis Benedito Castellote e Joaquín Hernández Bermúdez.