ESPECIAL: MEDIO AMBIENTE

O CIAM analiza o marco legal da xestión do esterco en Galicia no marco do proxecto NUTRITIVE

O CIAM analiza o marco legal da xestión do esterco en Galicia no marco do proxecto NUTRITIVE

A normativa vixente que regula as dexeccións gandeiras e o cambio de enfoque que está a transformar o esterco de residuo a recurso estratéxico centran este artigo de C. López López, M. D. Báez Bernal e J. F. Castro Insua, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo-Axencia Galega da Calidade Alimentaria (CIAM-Agacal), publicado en Vaca Pinta 62. Ante os retos asociados á redución de emisións e do impacto sobre os recursos hídricos, os autores abordan a importancia dunha adecuada planificación do fertilizado, a dixitalización da xestión e o control integral dos nutrientes.

Ver artigo completo