Virus Shamonda: unha nova ameaza?

Virus Shamonda: unha nova ameaza?

A aparición do virus Shamonda (SHAV) en ganderías europeas de vacún leiteiro puxo de manifesto a importancia de manter unha vixilancia xenómica continua ante o risco de novas variantes víricas nos ruminantes. José Antonio Fernández García, Rodrigo Muiño Otero e María del Camino Ferrero Otero analizan neste artigo, publicado en Vaca Pinta 62, as características clave deste arbovirus, a súa estreita relación evolutiva co virus de Schmallenberg e as implicacións da súa aparición para a sanidade animal.