ESPECIAL: ESTRÉS POR CALOR

Alimentación e estratexias nutricionais para facer fronte ao estrés por calor en vacún leiteiro

Alimentación e estratexias nutricionais para facer fronte ao estrés por calor en vacún leiteiro

O incremento da temperatura e da humidade (índice THI) afecta directamente á fisioloxía do animal, á súa inxestión e á produción de leite. Para reverter esta situación, o veterinario e asesor nutricionista Adrián González Garrido mostra, en Vaca Pinta 60, unha serie de estratexias de mitigación centradas en dous piares básicos: o deseño de instalacións e o manexo, e a optimización na formulación da ración.