O gran reto de Lely: as granxas XL

Lely congregou en Santiago de Compostela a técnicos, delegados comerciais e gandeiros para que puidesen coñecer máis sobre como traballan en granxas XL e cal é o obxectivo de Lely neste ámbito.

O evento estivo coordinado por Alberto Sánchez, director comercial da empresa, e contaron coa presenza de Óscar Entrecanales, mánager LC Trazo e xerente de Lely Center Los Corrales xunto a Telmo Entrecanales, quen tamén asistiu ao encontro. As charlas estiveron a cargo de Ben Hölscher, de Lely internacional NV; Carolina Ferranti, de Dairy XL Proyect Manager; Ángel Ávila, asesor veterinario e experto en nutrición de vacas de leite; Ángel Fernando San Juan, de SAT Prados Hondos, e César Sanz, Sales Manager Iberia.