Desde DeLaval España e Portugal únense á loita contra o cancro de mama

Desde DeLaval España e Portugal únense á loita contra o cancro de mama

Dende DeLaval España e Portugal queren apoiar a loita contra o cancro de mama, doando os beneficios obtidos pola venda de dúas edicións limitadas especiais, o cepillo de hixiene rosa e o cilindro de cerdas rosa do cepillo rotativo SCB, dispoñibles do 1 ao 31 de outubro.

Outubro é coñecido mundialmente como o mes da sensibilización sobre o cancro de mama, e dende DeLaval comprométense a contribuír con esta causa. Por iso, os beneficios xerados polas vendas destes produtos de edición limitada en España serán destinados ao Grupo GEICAM de Investigación en Cancro de Mama. E os beneficios obtidos polas vendas destes produtos en Portugal serán destinados á asociación de apoio á muller con Cancro de Mama APAMCM.

Dende DeLaval, cren na importancia de apoiar causas como o cancro de mama, unha enfermidade que toca a vida de moitas persoas, e queren poñer o seu gran de area para contribuír á loita contra ela. Agardan que esta iniciativa non só axude a recadar fondos, senón que tamén aumente a conciencia sobre a importancia da detección temperá, a investigación e o apoio a aquelas mulleres que se enfrontan a esta enfermidade.

O cepillo de hixiene e o cepillo rotativo DeLaval son produtos eficaces, coñecidos e utilizados nas granxas dos clientes de DeLaval cada día, por iso foron os elixidos para crear unha versión rosa especial e ser un símbolo de solidariedade e apoio, dentro de DeLaval, para unha causa tan importante como é o cancro de mama. Os produtos estarán dispoñibles para a súa compra a través dos distribuidores oficiais da marca durante o mes de outubro.