Granxa Circular: a proposta de Nanta para avanzar na sustentabilidade da gandería

Granja Circular é o modelo de sustentabilidade de Nanta, verificado por AENOR, co que demostrar o grao de sustentabilidade dunha granxa atendendo a catro alicerces fundamentais: económico, ambiental, social e benestar animal. Nanta lidera así a posta en marcha do modelo de economía circular no sector gandeiro, dando continuidade ao seu proxecto Nutrición Sostenible, co que foi pioneira na área da redución de antibióticos en gandería.

Tres fases compoñen Granxa Circular: cálculo de emisións da granxa, cualificación de granxa sustentable e aplicación das Boas Prácticas Dispoñibles (BPD).

O modelo, en base a unha serie de datos ofrecidos pola granxa, predice e calcula as emisións (nitróxeno, metano e fósforo) desta, así como a pegada de carbono, por unidade ou tipo de animal ao ano e por granxa ao ano.

Despois, a partir duns indicadores personalizados á especie valorada  e atendendo a cada un do catro alicerces, avalíase e cualifícase á granxa en canto á súa sustentabilidade. Desta forma, son 3 as categorías posibles: Granxa A, Granxa B e Granxa C, en función dos requisitos que cumpra, sendo a primeira aquela granxa que recompila todos os aspectos de sustentabilidade contemplados no modelo. Ademais, tras realizar a auditoría e cualificar á granxa, emítese un informe final que achega recomendacións respecto dos puntos de mellora detectados.

Con Granxa Circular, o gandeiro, ademais de anticiparse a futuros marcos regulatorios máis estritos, poderá dar resposta aos requirimentos dos novos consumidores, cada vez máis conscientes da necesidade de protexer o planeta e esixentes coa sustentabilidade das nosas actividades.