Entrevistas

https://static-1.ivoox.com/audios/7/d/5/b/7d5be6bbce1fad1fcb8ba6f1a100e421_XXL.jpg

Entrevista a David Céspedes

O médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública, David Céspedes, compaxina a consulta e a docencia cunha intensa labor divulgativa. A nutrición, a obesidade, a lonxevidade e os hábitos saudables centran boa parte do seu traballo, tamén nas redes sociais, onde combate as mensaxes simplistas e os bulos sobre alimentación. Con el falamos de produtos lácteos, de ciencia e de como comunicar sobre saúde sen perder os matices.