O Mapa especifica como afecta o Estado de Alarma ao sector agrogandeiro

Nunha nota de prensa enviada hoxe, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación deu resposta a algunhas das cuestións frecuentes expostas polo sector agrogandeiro en relación a como lles afecta a declaración do Estado de Alarma.

Hai dous puntos fundamentais a ter en conta:

1. Apertura do comercio detallista de venda de insumos para a agricultura e a gandería

A actividade agrícola e gandeira necesita do emprego de insumos para o seu correcto desempeño, como son a utilización de fertilizantes, produtos fitosanitarios, sementes, produtos veterinarios, pensos... Para iso, a actividade do comercio detallista que fornece este tipo de insumos ten continuidade, xa que son actividades imprescindibles para asegurar a produción primaria e, con iso, a subministración alimentaria á cidadanía.

  • Este comercio detallista ofértano xeralmente as propias cooperativas agrarias, as cales deberán poder seguir ofertándoo.
  • No caso de establecementos que comercializan con estes e outros tipos de produtos, a actividade limitarase á necesaria para a venda de insumos aos agricultores e gandeiros.

 

2. Suspensión de prazos nos procedementos administrativos vinculados á Política Agraria Común

No que se refire ás axudas directas da PAC que reciben agricultores e gandeiros, cuxo prazo de solicitude comprende desde o 1 de febreiro ata o 30 de abril, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación valora a decisión da Comisión Europea de prorrogar o prazo de solicitude ata o 15 de xuño. A Comisión confirmou a España que en breve se iniciará a tramitación dun Regulamento de Execución para levar a cabo esta extensión.


VER NOTA DE PRENSA: Aplicación do Real Decreto de Estado de Alarma no sector Agrícola, Gandeiro e Pesqueiro