Presentación da nova liña de apeiros de New Holland en FIMA

New Holland iniciou o ano pasado, tras a adquisición de Kongskilde Agriculture, a integración gradual de implementos agrícolas na súa oferta de produtos e foi en FIMA 2018 onde se viu por primeira vez en España esta nova liña.

Para esta edición da feira, a marca contou con diversos produtos, todos eles relacionados con equipos de chan (cor azul) e de forraxe (cor amarela). Nestes primeiros momentos da marca de apeiros New Holland, nos que o proceso de integración aínda continuará ao longo deste ano, estanse a centrar nos produtos que durante a feira os visitantes puideron observar en cada unha das áreas coa que contaba a marca.

Máis información na nota de prensa.