A Xornada ADSG Galicia de Boehringer Ingelheim pon en valor 10 anos de compromiso cos veterinarios de rumiantes

A Xornada ADSG Galicia de Boehringer Ingelheim pon en valor 10 anos de compromiso cos veterinarios de rumiantes

Boehringer Ingelheim celebrou o 26 de novembro en Santiago de Compostela unha edición especial da Xornada ADSG Galicia, que cumpriu dez anos como punto de encontro e formación para os veterinarios de rumiantes. A compañía destacou que a iniciativa reforza o seu vínculo cos profesionais de campo e a súa aposta pola actualización de coñecementos en saúde bovina.

O evento reuniu a máis dun cento de veterinarios e coincidiu co décimo aniversario de Bovela®, a única vacina viva monovalente fronte á BVD autorizada en España, que xa superou os 33 millóns de doses administradas no mundo.

A xornada, conducida por Cristina Conill, brand manager de Rumiantes, e Manuel Cerviño, asesor técnico, repasou fitos da última década tanto no ámbito global da saúde bovina como na traxectoria do propio encontro. “Levamos 10 anos e é como estar na casa”, sinalou Conill.

O programa combinou momentos emotivos e contido científico. Lembrouse a Valentín Pérez, catedrático da Universidade de León falecido en 2023, e participaron Alberto Díez Guerrier (UCM), cun relatorio sobre enfermidades emerxentes como lingua azul, febre aftosa e dermatosis nodular contaxiosa, e Javier Heras, cun obradoiro práctico para mellorar a rendibilidade en explotacións leiteiras. O peche púxoo Elena Gratacós, directora de Saúde Animal en España, quen subliñou que “a ciencia e as persoas” deben estar detrás do que paga a pena.