Impex Europa lanza un repelente sonoro para aves e pequenos animais

Impex Europa lanza un repelente sonoro para aves e pequenos animais

A empresa galega Impex Europa acaba de presentar Tanzil, un novo repelente sonoro para aves e pequenos animais, como gatos, ratos ou ratas.

Tanzil consiste nunha cinta que emite unha vibración penetrante que escorrenta a aves e pequenos animais. Pódese aplicar en calquera lugar onde os paxaros sexan un problema, tanto no fogar como na horta e a gandería, en almacéns de cereais, froiteiros ou pequenos hortos e tamén en piscifactorías, hostalería e restauración, embarcacións deportivas, edificios e monumentos, etc.

Máis información na nota de prensa