Evialis impulsa a reducción do uso de antibióticos

Evialis impulsa a reducción do uso de antibióticos

Evialis Galicia, empresa especializada en alimentación animal con sede en Sada, leva meses traballando en favorecer a desmedicalización dos produtos de alimentación animal co obxectivo de adaptarse ao novo marco legal, que limita o uso de antibióticos en sanidade animal e é de aplicación obrigatoria desde este xaneiro de 2018.

Para logralo, Evialis Galicia conta co apoio do centro de experimentación do Grupo Neovia, en Francia, no que traballan numerosos investigadores. A empresa tamén dispón en Galicia dun laboratorio propio que se ocupa do control analítico dos pensos e de impulsar “o desenvolvemento de novos compostos e novas formulacións de pensos pensados para reducir o uso de antibióticos”.

Nota de prensa completa