O Blogue “Especialistas en novillas” incorpora a xenética entre as súas áreas de desenvolvemento

O blogue de expertos “Especialistas en novillas” de Zoetis renóvase e incorpora entre as súas seccións a xenética, unha área da bioloxía capaz de achegar grandes avances para a mellora no funcionamento e a rendibilidade das explotacións de gando vacún.

Para desenvolver esta nova área, únese como autor e colaborador do blogue o especialista en asesoramento xenético José Daniel Martínez Bello, doutor en veterinaria especializado en transferencia embrionaria e biotecnoloxías reprodutivas en gando bovino.