Delagro interveu este ano no 1º Congreso para a integración, a competitividade e o crecemento económico intelixente das cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE xunto a 7 cooperativas de España (COOPAMAN, Paturpat, Ovo 12, Val do Jerte e Delagro), Francia (Caves de Rauzan) e Portugal (Vercoope e AGROS) presentando as súas estratexias de intercooperación e innovación.
Carlos Castro, director de Delagro, afirmou que a entidade é “un exemplo de éxito de colaboración cooperativa entre sociedades de países limítrofes, neste caso Portugal, e entre outras sociedades cooperativas españolas”. Destacou a confianza como unha das claves: “As relacións entre distintas partes teñen un gran compoñente persoal e é necesario que os actores teñamos completamente claro o destino e o camiño a percorrer”.
Ler nota de prensa completa