ESPECIAL: SEMENTEIRA DO MILLO FORRAXEIRO

Seguimento da praga de 'Mythimna unipuncta' en Pontevedra

Neste traballo, que ve a luz en Vaca Pinta 51,  o equipo formado por A. Butrón, R. Santiago, P. Revilla, N. Gesteiro, A. López-Malvar, N. Chibane, L. Álvarez, A. Verde, D. Figueroa, M. Gante, N. Santamaría, M. Hammami e  R. A. Malvar  (Misión Biolóxica de Galicia-CSIC) e J. Legrand (UMR GQE-Le Moulon, INRAE) dan a coñecer os datos de incidencia de Mythimna unipuncta na provincia de Pontevedra, que contribuirán nun futuro próximo a desenvolver modelos de predición, recollidos co apoio da Agrupación Interprofesional Francesa de Sementes e Plantas (SEMAE), entidade que financiou o proxecto Phenofore, a través do cal se levou a cabo esta investigación.