CRÓNICAS VAQUEIRAS

Que chas dean con queixo

Que chas dean con queixo

Conta o veterinario de Adial Antón Camarero no último Crónicas Vaqueiras, publicado en Vaca Pinta 55, que lle encantan todos os queixos, xa sexan de ovella, vaca ou cabra, curados ou frescos, artesáns ou mesmo algúns industriais. Se, ademais, veñen acompañados dunha pequena historia (un contiño, como se di por aquí), coma a que nos relata nesta nova entrega, iso fainos máis interesantes e aínda lle saben mellor.