SAÚDE PODAL

Problemas podais por estrés calórico

No seguinte artigo, publicado en Vaca Pinta 33, José María García, presidente da Asociación Profesional de Podoloxía Bovina (APPB), trata o tema do estrés por calor na granxa, que habitualmente se asocia, no período estival, á redución de produción e ao aumento da infertilidade, pero tamén a saúde podal das vacas vese afectada. Nestas liñas analiza algunhas consecuencias da forma de actuar neste aspecto e propón algunhas pautas para a súa prevención.