ESPECIAL: CALIDADE DO LEITE E MUXIDO

Mastite: análise de datos sobre o seu impacto na eficiencia e sustentabilidade do sistema produtivo

Mastite: análise de datos sobre o seu impacto na eficiencia e sustentabilidade do sistema produtivo

Neste traballo, publicado en Vaca Pinta 60, Mónica García Mon (Centro Veterinario Meira) e Guillermo Lorenzo (Gando NT) presentan unha análise da mastite mediante a avaliación de indicadores clave relacionados coa calidade do leite e a saúde da ubre. Con este enfoque pretenden ofrecer unha perspectiva epidemiolóxica fundamental para comprender o rendemento global das explotacións e a súa repercusión sobre a eficiencia e a sustentabilidade do sistema produtivo.