Neste traballo, dispoñible en Vaca Pinta 58, J.A. Oliveira (Universidade de Oviedo), M.J. Bande (Área de Servizos Agrarios Becerreá) e O. Murillo (Instituto Tecnolóxico de Costa Rica) amosan os resultados da súa investigación, cuxo obxectivo foi avaliar o comportamento agronómico e a interacción xenotipo-ambiente (GxA) de 50 cultivares de millo forraxeiro en catro localidades de Galicia, avaliados tres ou máis anos no período 1999-2024, proporcionando unha base de datos esencial para o sector lácteo galego.
ESPECIAL: SEMENTEIRA DO MILLO FORRAXEIRO
Cultivares de millo forraxeiro en Galicia: ferramentas para asegurar a colleita fronte a un clima variable