Un novo módulo dentro do PresVet facilita aos gandeiros o autocontrol do uso de antibióticos

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) desenvolveu unha nova ferramenta para axudar os gandeiros no autocontrol do uso de antibióticos para poder combater as resistencias antimicrobianas. Este enmárcase no Sistema Informático de Control de Prescricións Veterinarias de Antibióticos (PresVet). 

Este sistema permitirá aos titulares inscritos no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA) que se incorporen, consultar os informes trimestrais de consumo de antibióticos. A información recollida nestes documentos mostrará o consumo habitual en cada explotación gandeira e permitirá comparalo, a nivel nacional, cos da súa mesma especie e clasificación zootécnica. 

Ademais, dentro das funcionalidades, poderase autorizar a veterinarios, rexistrados en PresVet, para visualizar os informes das súas explotacións e así facilitar o traballo aos gandeiros con asesoramento en materia de resistencias antimicrobianas para que poidan propor medidas alternativas ao uso de antibióticos.

Os gandeiros poderán rexistrarse no sistema mediante certificado electrónico, ou usuario e contrasinal identificándose mediante o NIF do titular REGA na páxina web do PresVet.