As granxas leiteiras, industrias contaminantes?

A posible proposta por parte da Comisión Europea de considerar ás explotacións de máis de 150 cabezas de vacún como industrias contaminantes xerou gran balbordo no sector. José González, conselleiro do Medio Rural, e Javier Iglesias, secretario de Administración e Servizos de Unións Agrarias, opóñense totalmente a esta idea.


José González, conselleiro do Medio Rural: "Comparar unha gandería de máis de 150 UGM cunha explotación industrial a efectos de emisións contaminantes, a nós parécenos que non ten ningún sentido"

Javier Iglesias, secretario de Administración e Servizos de Unións Agrarias: "Que unha explotación sexa contaminante ou non, ten pouco que ver co tamaño"