Fefric premia as mellores ganderías de Cataluña segundo os seus datos de produción, xenética e morfoloxía

Fefric fai públicos os datos das mellores ganderías de Cataluña no ano 2019 segundo unha puntuación que engloba a información de produción, xenética e morfoloxía cun peso na fórmula final dun 55 %, un 35 % e un 10 %, respectivamente.

A historia dos premios Vaca d´Or remóntanse á Asemblea Xeral da Federación Frisona de Cataluña (Fefric) de 2005, na que se acordou que unha das formas de difundir o traballo que levaba a cabo a Fefric, referente á xestión do Libro Xenealóxico e do Control Leiteiro Oficial da Raza Frisona, sería establecer uns premios anuais que se entregarían ás explotacións que tivesen os mellores índices xenéticos e de produción, que se elaboran a partir do Libro Xenealóxico e o Control Leiteiro. Tras varias edicións entregando premios a distintas categorías, en 2018 introduciuse unha única clasificación a través dunha fórmula de cálculo que englobaba os tres índices actuais: produción, xenética e morfoloxía, e así segue sendo na actualidade.

Este ano, na 15ª edición dos premios Vaca d´Or, as tres mellores ganderías foron Ramadería Anibal SL, Ramadería Can Thos SL e Mas Isern.

Lista completa de los galardoados