O TSJN estima parcialmente o recurso da empresa gandeira Valle de Odieta e recoñece o seu dereito a autorización ambiental para ampliar a súa granxa

Segundo publicou onte o Goberno de Navarra, o Tribunal Superior de Xustiza de Navarra (TSJN) estimou parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto pola empresa gandeira Valle de Odieta contra a resolución que en 2018 denegou a concesión dunha nova autorización ambiental para a súa solicitude de ampliación das súas instalacións co fin de albergar ata 7.200 vacas.

Ademais de anular a resolución, a sentenza do TSJN recoñece o dereito do demandante, a empresa  Hibridación Termosolar Navarra S.L y Valle de Odieta, ao outorgamento por parte do Departamento de Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente da citada Autorización Ambiental Integrada, e nos termos que solicitan, é dicir, para “a modificación da instalación, pasando de 3.450 a 7.200 cabezas de gando, novas instalacións na granxa e paso a réxime termófilo da planta de biometanización” en Caparroso.

Tras serlle notificada a sentenza, o Departamento sinala que acata a decisión do Tribunal e anuncia que seguirá traballando cara a un marco xurídico que regule estritamente a localización de macro granxas en Navarra. En concreto, a liña emprendida é a preparación dun novo texto que modifique a actual Lei de sanidade animal, para lograr así a necesaria seguridade xurídica que evite a localización de instalacións destas dimensións na Comunidade Foral.

Información completa

Fonte: Navarra.es