Zoetis promove o uso responsable de antibióticos en gando vacún a través de webinars

Zoetis lanzou unha campaña de formación e información para gandeiros e veterinarios co obxectivo de instruír aos profesionais do sector bovino leiteiro acerca dos cambios en materia de regulación europea sobre o uso de medicamentos veterinarios e as implicacións que iso terá sobre os tratamentos antimicrobianos no manexo da vaca ao secado.

O obxectivo é informar o uso da Terapia de Secado Selectivo (TSS) como alternativa no manexo do secado de forma compatible coa nova lexislación. Para iso, Zoetis pon á súa disposición diferentes ferramentas que inclúen desde encontros de formación e información impartidos de maneira on-line por medio de webinars, presentacións e talleres de discusión, comezando o próximo día 17 de maio cun curso on-line para veterinarios sobre a terapia de secado selectivo en vacún leiteiro, ata talleres presenciais para veterinarios (segundo a evolución da situación sanitaria), materiais didácticos, como folletos informativos, e un manual sobre TSS.

Máis información