Todo listo para o segundo webinar da serie “Rumiando los jueves” de MSD Animal Health

"Retos e desafíos do presente e futuro nas explotacións de vacún de leite" é o título do segundo seminario online organizado por MSD Animal Health, o cal terá lugar o xoves 12 de novembro ás 12:00 horas.

Estará moderado por Ángel Revilla, director da Unidade de Rumiantes de MSD Animal Health, e comezará coa presentación do proxecto dixital Vacuna la Vaca por parte de Yasmina Haendler e Marta Romero, do Departamento de Marketing de Rumiantes da compañía.

Despois terá lugar unha mesa redonda onde os relatores debaterán sobre os retos e desafíos aos que se enfrontan as explotacións de vacún de leite. Intervirán José María Pont (Granja San José), Manuel Sánchez (Granja Santa Teresa) e José Manuel Fernández (SAT Busto Corzón).

Trátase do segundo webinar da serie “Rumiando los jueves”, a través da cal MSD Animal Health pon de manifesto a súa aposta por apoiar a profesionalización do sector e estar xunto aos profesionais veterinarios e gandeiros.

Os interesados en ver, en directo ou en diferido, este ou outros capítulos da serie, poden rexistrarse facendo clic nesta ligazón.