Durante os Lely Future Farm Days organizados en Países Baixos, Lely celebrou os 70 anos da compañía e presentou a súa visión da granxa de leite sustentable, totalmente robotizada, deseñada ao redor da vaca e baseada no principio da xestión por excepción.
Nun futurista e provisional recinto de exposicións situado preto da sede da compañía, o CEO de Lely, Alexander van der Lely presentou o punto de vista de Lely sobre o futuro das explotacións lácteas. Centrándose no benestar da vaca, o gandeiro, o consumidor e o medio ambiente, mostrou algunhas das rupturistas innovacións futuras, nas cales a compañía está a traballar neste momento. Reciclar o esterco, desenvolvemento de bases de datos, software que axuda na toma de decisións e a dispoñibilidade dun procesador de leite situado na explotación, son algúns dos elementos que farán que esta visión futura dunha explotación láctea se faga realidade.
Novidades en maquinaria
Como parte dos Future Farm Days, Lely tamén presentou o novo e redeseñado robot de muxido Lely Astronaut A5 e un novo Juno arrimador de ración. Por unha banda, o, Lely Astronaut A5 supón un novo fito no muxido. “Grazas á observación da interacción entre as vacas e as máquinas e aos comentarios de numerosos gandeiros, creamos un sistema que combina principios de muxido automatizado consolidados cunha fiabilidade, unha facilidade de uso e unha rendibilidade sen precedentes. O novo robot de muxido A5 ofrece un muxido libre de tensión tanto para o gandeiro como para as súas vacas”, explicaron os representantes de Lely.
Doutra banda, anunciaron as súas últimas innovacións en empuxe automático de alimento, materializadas no novo Lely Juno. Co Juno, Lely acumulou máis de 10 anos de experiencia en pulo automático de alimento, mentres que o sistema automático de alimentación reportoulle seis anos de experiencia. “Aproveitamos todo este coñecemento para garantir que este Juno de terceira xeración sexa máis fácil de implementar en cortellos de todo tipo, máis fácil de manexar e capaz de empuxar alimento en varios cortellos distribuídos pola explotación”, aseguraron.
Ler a nota de prensa completa da empresa