Novos contidos sobre inmunoloxía e diagnóstico da SRB en Bovinium

Bovinium, a plataforma técnica enfocada na Síndrome Respiratoria Bovina (SRB) continúa a súa andaina como referencia do sector para a SRB. Cunha ampla comunidade de profesionais xa consolidada, a iniciativa segue fiel á súa actualización quincenal para seguir dando resposta ás necesidades de todos aqueles interesados na SRB.

Entre os novos contidos destaca o vídeo de Valentín Pérez na nova entrega de Protagonistas, na que aborda o diagnóstico anátomo patolóxico do virus da Parainfluenza e a BVD. Ambos os virus son difíciles de diferenciar macroscópicamente e recoméndanos tomar mostras e facer un estudo histolóxico nas fases iniciais da enfermidade para saber ante que virus nos atopamos.

Nota de prensa completa