Do 21 ao 23 de maio, Durán Maquinaria Agrícola estivo presente na cuarta edición de Demoagro, que este ano se celebrou na Finca Castillo de Orus, en Huesca.
Unha das novidades das que o público puido gozar na parcela de demostracións da empresa lucense foi a rotoempacadora-encintadora combinada Pöttinger IMPRESS 125 FC PRO. Demoagro foi o escenario da presentación oficial no mercado español do último gran desenvolvemento da marca austriaca.
Os asistentes tamén viron traballar por primeira vez en España a segadora NOVACAT A10 CROS FLOW –nomeada Máquina do Ano 2019 en SIMA–. A principal novidade desta máquina é o sinfín de transporte transversal CROS FLOW, unha revolucionaria tecnoloxía de Pöttinger que permite xuntar a forraxe inmediatamente despois de cortar, sen necesidade de utilizar acondicionador.
A elas sumouse unha extensa selección de equipos altamente tecnolóxicos das marcas que Durán Maquinaria importa en exclusiva para todo o territorio nacional.